Outras actividades

VERMES DE SEDA

Déixovos unhas fotos para que comprobedes o paso dos días nestas pequenas criaturas que xa comezan a encerrarse no seu casulo. Para facilitarlles esta labor, Ana a encargada da actividade, deseñou unhas curiosas estruturas de oveiras e corchos.

 

UN COLORIDO XARDÍN

FLORES E MÁIS FLORES!  En rodas, macetas, botellas de plástico...todas as sementes plantadas alá polo mes de marzo, comezan a florecer enchendo o patio de colorido. Unha actividade máis dentro do Proxecto Voz Natura!

LIMPANDO AS PRAIAS: VOZ NATURA

Dentro do proxecto Voz Natura, unha das moitas actividades que se están a levar a cabo é a limpeza de praias. Neste ano o alumando dos cursos baixos acudiu a Praia Xardín e os maiores a Carragueiros. Coas luvas e os sacos de lixo, o alumnado por parellas, ía retirando o lixo que atopaba. Dúas alumnas de 3º fixeron un gran descubremento: un niño de OVOS DE PÍLLARA PAPUDA

 A píllara papuda é unha ave pequena, cun tamaño semellante ao do merlo, pero máis estilizada. Mide uns 14 cm de lonxitude e 45 cm de envergadura. O seu peso vai dos 30 aos 50 g. A píllara é unha especie que presenta dimorfismo sexual: o macho ten a parte superior de cor crema, e a parte inferior de cor branca; as patas, o peteiro e a risca ocular son de cor negra. A femia é máis clara e carece de risca ocular negra. En canto á alimentación, aliméntase principalmente de pequenos invertebrados, mosquitos, escaravellos, moscas e, máis raramente, de pequenos moluscos. Reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación. Adoita ser monógama e ten unha gran fidelidade ao lugar da posta. Esta adoita estar formada por 3 ovos, os cales son chocados durante 25 días polos proxenitores, facéndoo a femia polo día e o macho pola noite.

A EXPERIENCIA DOS VERMES DE SEDA

A nosa compañeira Ana, como ano tras ano, xa comezou coa planificación e desenrolo da actividade dos vermes de seda. Desde os pequenos ovos, pasando polas pequenas larvas,...ata que se converten en bolboretas, o alumnado pode ir visualizando as distintas fases no corredor da entrada ao colexio, na zona que Ana ten perfectamente acondicionada.

E CHEGOU A PRIMAVERA...da man de VOZ NATURA

Aproveitando a chegada do bo tempo, os distintos cursos deixaron as aulas e realizaron unha sesión práctica no patio. Estiveron realizando unha gran plantación. Foi fundamental a axuda de Muñiz e Lola, a coidadora. O patio estará moi florido cando todas estas plantas xerminen e florezan. Xa estamos inquedos agardando.  

ESTAMOS NO OUTONO!

Chegou o outono ao centro. Cada clase aporta diversas manualidades relacionadas co outono, para decorar esta fermosa árbore!

VEN ONDA NÓS O OUTONO

DACABALO DO AIRE;

NOS CAMIÑOS DA FRAGA

OS OURIZOS XA ABREN.

SÍNTOO CHEGAR CONTENTO

DA ETERNA VIAXE

ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,

ESTREANDO FRIAXE

Ana María Fernández

”Ondas de verde e azul”.

VERMES DE SEDA BUSCAN CASA!

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos a compañeira Ana encárgase de levar a cabo a experiencia das distintas etapas da vida do verme de seda. A tarefa do coidado é laboriosa porque a parte de encargarse de traer as follas de moreira que devoran rapidamente, necesitan  limpeza. Este curso o número de vermes é moi abundante polo que, ANA,  propuxo a idea de poder repartir algúns entre o alumnado e poidan continuar o proceso nas súas casas. Tres eran as condicións que debían cumprir: pedir permiso nas casas, traer unha caixiña de cartón e localizar follas de moreira para poder alimentalos. Hoxe pola mañá xa se foron parte das PEQUENAS LARVAS  para as casas do noso alumnado. AGORA COIDÁDEOS MOITO!

 

VERMES DE SEDA

Xa comezamos coa posta en marcha do ciclo de vida do verme de seda ata chegar a bolboreta. A encargada da actividade é, ao igual que en anos anteriores,  Ana que coida con esmero todos os pasos a seguir. Este ano a exposición está colocada nunha gran caixa de madeira con cristal na parte externa para que se poida observar con toda nitidez todo o proceso. 

2º CICLO: LIMPANDO A PRAIA

Hoxe, mércores 19 de marzo,  o 2º ciclo viaxou a Carragueiros para recoller lixo. A actividade está recollida dentro do Proxecto Voz Natura. Foi moito a labor levada a cabo: encheron moitos sacos de plásticos de botellas, latas, tapas,...O propio alumnado mostraba o seu asombro ao descubrir a cantidade de lixo que as persoas botamos ao mar. Unha vez concluída a recollida, Protección Civil pasou a recoller os sacos co lixo. Tamén acudiu unha fotógrafa da Voz de Galicia a facer algunha foto da actividade.

MÁIS FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido