Plambe

PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA

Como xa todas e todos sabemos este ano o noso centro de interese na bilioteca escolar son os animais. Realizaremos unha serie de actividades de procura de información para afianzar e ampliar coñecementos sobre estes seres vivos: costumes, perigo de extinción, distintos hábitats,...

E xa temos slogan (alumnado de terceiro) e debuxo ( Lía de 6º). Gústavos?

NADAL, 2015

Foron moitas e variadas as actividades levadas a cabo para celebrar a chegada do Nadal: murais colectivos, postais, sobremesas, decoración de corredores, aulas, fiestras,..Recompilación de información da gastronomía típica de Nadal de distintos países
En cada titoría elaboramos postais. Cada alumno/a escribiu o seu enderezo nun sobre e realizouse un intercambio de postais para recibir por correo nos seus domicilios.

ALUMNADO DE 5º: MISIÓN ROSETA

Fran, Nerea e Lidia de 5º expuxeron na biblioteca o gran acontecemento científico acadado o 13 de novembro: O éxito da MISIÓN ROSETA.

MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA E NESTE ENLACES:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/sonda-philae-mision-roseta-aterriza-sobre-cometa-67p/2857256/ http://www.vtelevision.es/informativos/historiasdeltiempo/2014/11/12/003...

MOCHILAS VIAXEIRAS

No Día da Biblioteca Escolar as mochilas viaxeiras viaxan dende o cole ata as familias. Serán quince días para estar no fogar de cada alumno/a e gozar da lectura en familia. Ao igual que o curso pasado a ANPA tamén colabora nesta actividade, poñendo máis mochilas en funcionamento.

PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA

Desde a Biblioteca Escolar seguimos, un ano máis co Proxecto Anual sobre a CIENCIA: novas de carácter científico, experimentos...

Distribuir contido