Samaín

SOBREMESAS DE SAMAÍN

Este Samaín lemos contos para asustar o medo. Tivemos que atravesar un terrofíco e escuro túnel para entrar á biblioteca...e ata  elaboramos sobremesas arrepiantes...pero SABÍAN MOI BEN: pastas con formas de vampiros, gatos, pantasmas, arañas, dedos, vasoiras, ...BOTÁDELLE UN OLLO!

PREMIOS CABAZAS

Durante o recreo do mércores, 31 de outubro, o alumnado elexiu mediante votación a cabaza que máis lle gustou. Resultaron gañadoras:

A máis orixinal:  O OLLÁPARO de Fernando de 2º. O 1ºpremio foi para Andrea de sexto de primaria e o 2º premio, para Alba de cuarto de primaria. Noraboa!!

SAMAÍN 2012

O mércores, 31 de outubro celebramos o Samaín. Durante esta semana o alumnado trouxo das súas casas cabazas, cada cal máis orixinal. Queremos salientar e agradecer a alta participación das familias na actividade e o entusiasmo coa que foi acollida por toda a comunidade escolar. Aquí só aparece unha pequena mostra, para ver máis accede a GALERÍA DE FOTOS.

CONCURSO CABAZAS

Velaquí tedes as tres cabazas gañadoras, na exposición celebrada no centro.

SAMAÍN, 2010

 Diversas actividades se plantexaron dende o Equipo de Normalización para celebrar o Samaín: exposición, murais, contacontos, música, marcapáxinas,... Como fin de festa, o xoves 28 de outubro realizamos, xunto coas familias, o acendido de cabazas. Se queredes ver unha mostra, pulsade en ler máis.

CORRE, CORRE, CABACIÑA

A festa das cabazas xa está petando á porta. Son varias as actividades que estamos preparando. O alumnado de 5º tivo a idea de relizar un gran mural do conto: "Corre, corre, cabaciña" da editorial Kalandraka.

        

Distribuir contido