5º curso

ALUMNADO DE 5º: Animais en perigo de extinción

O alumnado de 5º de primaria dentro dos animais en perigo de extinción presentaron a vacaloura e o sapoconcho. PARABÉNS!

CESTAS CON FLORES

Aquí vos deixo  fotos dunhas fermosísimas cestas feitas polo alumnado de 5º. A vistosidade, o colorido, a estupenda elaboración ...fan que sexan todo unha obra de arte.

 

XI SEMANA CULTURAL: XOGOS POPULARES

Nas seguintes fotos podemos observar distintos xogos: a chave, sacos, zancos, relevos, chapas,...Son xogos populares que tan boa acollida teñen entre o alumnado. Contamos coa colaboración do concello. Aquí vos deixamos algúns momentos vividos polo alumnado do 3º ciclo.

 

Á AUGA, PATOS!

Dentro dos múltiples traballos plásticos levados a cabo polo alumnado de 5º dentro do proxecto "Basurarte" observamos agora a realización duns parrulos a partires de botellas de suavizante pintadas... XENIAIS IDEAS DE APROVEITAR O LIXO PARA FACER ARTE!

 

SAÍDA CULTURAL 3º CICLO

O alumnado do 3º ciclo visita o Pazo de Goiáns percorrendo os seus exteriores, observando a variedade de árbores, en moitos casos exemplares case únicos, e revivindo parte da historia guiados polas explicacións dunha monitora. Tamén aproveitaron a saída para achegarse ao parque da Cachada onde unha persoa de Medio Ambiente do Concello lles explicou as variedades de árbores existentes.

Distribuir contido