Animación á lectura

PREMIOS LITERARIOS

Alumnado do C.E.I.P. Cespón  recibe premios no V Certame Literario "Ramón Martínez López". Como en anteriores anos,  foron tres os premios recibidos: Desi (3º primaria), Sergio (4º primaria) e Lorena (6º primaria) recibiron premios polos relatos presentados. O acto tivo lugar na Biblioteca Municipal e o seu bibliotecario, Anxo Campos, foi o encargado de conducir esta entrega de premios. FELICITAR AOS PREMIADOS/AS  e como non,  a todos e todas os/as que presentástedes os vosos relatos e seguir animándovos a escribir as vosas historias, soños, desexos...

A PRENSA NA ESCOLA

o alumnado de 6º leva realizando ao longo do curso diversos e variados traballos coa prensa. Hoxe toca de novo, revisar e buscar a información precisa para opinar, responder a unhas cuestións plantexadas, ampliar información de temas traballados...Aquí volos deixo...SSSSSSSSSSS! Precisan silencio, so o ruído de pasar as follas curioseando as distintas seccións.

XEROGLÍFICOS NA PIZARRA DIXITAL: Día do Libro

Unha actividade moi interesante e moi ben acollida entre o alumnado foi a realización da actividade sobre títulos de libros a partires de xeroglíficos. Para poder ver e realizar a actividade PREMA AQUÍ

O INVERNO: 6º INFANTIL

O inverno chegou a 6º de infantil. Debuxos, murais,...decoran a súa estupenda aula.

Tralos vidros da xanela cae a neve sobre a terra.

Tralos vidros da xanela noites mouras frías pedras.

Tralos vidros da xanela renxe tola a cancela.

Tralos vidros da xanela os invernos amarelan. Antonio Gacía Teijeiro

INVERNO

Chegou o inverno ao 2º ciclo: poemas, adiviñas, refráns... penduran dun paraugas. Árbores ateigados de neve, paisaxes invernais decoran os corredores... Aquí vos deixo unha pequena mostra.

DINAMIZACIÓN "HORA DE LER"

Coa finalidade de dinamizar o tempo de lectura elaboráronse estes modelos de fichas. Están pensadas para o 2º ciclo, para ler de xeito colectivo na pizarra dixital e ir razoando e resolvendo as cuestións que se prantexan.

MÚSICA E PLÁSTICA NA BIBLIOTECA: "ANIMAIS ENCANTADORES"

Na vindeira semana e nos recreos escoitaremos, e como non bailaremos as melodías do libro "Animais encantadores". É un libro de Susa Herrerada editorial "Primerapersona". Ademais das letras impresas e en CD, conta cunhas fermosísimas ilustracións, ten coreografías para cada canción. O alumnado de 6º realizou en plastilina os 10 animais para axudar a presentación deste fermoso libro. Estupenda colaboración que toda a comunidade valora e o alumnado se sente moi motivado. Esperamos que sexa un éxito de asistencia. Xa o sabedes: A CANTAR E BAILAR CON "ANIMAIS ENCANTADORES!" : UN CANCIÑO, UN MORCEGO, UN CAMALEÓN, UN PORQUIÑO,...

RECICLANDO CON CONTOS

Comezamos coa presentación de fondos mercados para o Proxecto Anual: Coidemos o Planeta! Nós podemos! Nesta ocasión, Rubén, Carla e Adriana de 3º presentaron os libros: "Elige el verde e "Capitán Verdemán, superhéroe del reciclaje". Na hora de ler foron ás aulas de 1º e 2º a contarlles as interesantes historias que falan dun mundo verde, sen contaminación, con xentes que reciclan...

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este fin de semana as mochilas viaxeiras volverán coas familias do noso alumnado de primaria. Estamos preparando os materias para que gocedes escoitando música, consultando os libros de información, lendo o cómic, vendo a película. Desexamos que un ano máis sexa unha actividade do voso agrado e dámosvos xa as grazas pola boa acollida que están tendo, proba diso son os comentarios que nos facedes chegar, ano tras ano, no libro viaxeiro. En breve o alumnado de infantil comezará tamén coas súas mochilas. Boas lecturas!

REVISTA FALARES

Déixovos o novo número da Revista Falares, en breve terédela nas vosas mans.

Distribuir contido