Convocatoria do FONDO SOLIDARIO de libros de texto e AXUDAS para libros de texto e material escolar

Publicada a ORDE do 6 e maio pola que se regura o Fondo de Libros e as Axudas para Adquisición de Material, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes ata o 22 de xuño de 2021. Achegamos resumo de dita Orde nos documentos adxuntos. Estas solicitudes serán:

 Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/2021.

  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, aínda que este ano amplíanse os teito lixeriamente a 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos.

Existen dous xeitos de presentala:

  • Sede Electrónica. Deberán acceder ao procedemento ED330B da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, cubrir a solicitude e enviala.
  • Presencial. Deberán imprimir a solicitude axunta a este post (ANEXO I e ANEXO II asinados), cubrila e asinala correctamente e presentar esta solicitude e, de ser o caso, a documentación que necesite axuntar neste centro educativo.*O alumnado que cursa 6º este ano e promocione á ESO, entregará a solicitude no IES para o que vaia.

O calendario do fondo libros será o seguinte: 

1.  O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.
2.  Gravación de solicitudes - ata o 25 de xuño.
3.  Publicación da Listaxe provisional - 28 de xuño
4.  Dispoñen de 2 días (ata o 30 de xuño) para presentar reclamacións (por escrito) ou solicitude de enmendas (por sede electrónica).
5.  O 2 de xullo procederase á publicación das listaxes definitivas.
6.  Disporán ata o 9 de xullo para recollida de vales (de Adquisición de material e/ou, de selo caso, merca de libros)
7.  Todos aqueles vales non recollidos en xullo poderán recollerse a partires do 1 de setembro.

 

AdxuntoTamaño
ORDE 6 DE MAIO.pdf1.2 MB
ANEXO I e II.pdf1.89 MB
info familias resumo.pdf139.51 KB