Convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS para libros de texto e material escolar

Estimadas familias: Acaba de ser publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).        http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Tedes información máis detallada neste enlace

Prazo de presentación das solicitudes: Do 20 de maio ao 19 de xuño incluído.

Horario de secretaría: 10:30 a 14:00

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Para dita presentación tedes tres posibilidades: 

  • Recoller a solicitude na secretaría do centro e presentala aquí. O alumando que pasa para ESO, debe entregar a solicitude no IES.
  • Descargar a solicitude da aplicación (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros) ou desta páxina web e presentala no centro.
  • Cubrir a solicitude na aplicación e presentala electrónicamente (RECOMENDADO)

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Beneficiarios:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º 4º 5º e º6.
  • Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.

 Obriga das persoas beneficiarias:  Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20.

Documentación a presentar:

As persoas interesadas deberán achegar coa SOLICITUDE (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Os documentos presentados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Publicacións de listaxes do fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º:

– Listaxes provisionais: o 10 de xullo de 2020 (As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional)

– Listaxes definitivas: o 20 de xullo de 2020.

– Entrega de libros de texto e vales: do 1 ao 15 de setembro.

 

AdxuntoTamaño
anexo I.pdf1.6 MB
anexo II.pdf858.41 KB