ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS Á SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL

Estimadas familias:

Podedes consultar a adaptación das Programacións didácticas das diferentes áreas e materias de primaria a este período de suspensión da actividade lectiva presencial neste enlace.

Como poderedes ver, recollemos os criterios de avaliación cos estándares de aprendizaxe prioritarios sobre os que centraremos o teletraballo. Así mesmo constan os procedementos e os criterios que seguiremos para a puntuación e valoración do traballo do alumnado. Destacar neste senso que, como xa se viña facendo habitualmente, a "non promoción" será unha medida excepcional e a tendencia xeral na avaliación final será cara a promoción do alumnado. Recalcar tamén que, como xa se informou en anteriores ocasións e segundo as instrucións da Consellería de Educación, a valoración do teletraballo soamente se terá en conta cando sexa positiva e beneficie á avaliación do alumnado.

Calquera dúbida que teñades estaremos á vosa disposición no correo electrónico ou no teléfono do centro.

A dirección