PROCESO DE ADMISIÓN (para o alumnado novo)

Publicada a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, reestablécese o procedemento de admisión do alumnado para o curso que ven cas seguintes datas:

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio

             *os que xa presentastes a solicitude no período anterior non tedes que facer nada ata o 1 de xullo.

Outros prazos:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. 

 

A solicitude pódese presentar telemáticamente en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou de forma presencial na secretaría do centro de 10:00 a 14:00. Para acceder ao centro a presentar a solicitude, polo ben de tod@s, rogamos que traiades marcarilla de proteción.

A dirección