PLANTACIÓN DE CARBALLOS

O curso pasado o centro participou nunha actividade proposta polo Departamento de Medio ambiente de Boiro: "UN CARBALLO, UNHA LANDRA". Moitas destas landras xerminaron pouco a pouco ata converterse nuns pequenos carballos. Foi o xoves, 21 de febreiro cando o alumnado axudado por persoal de forestal realizou a súa plantación no monte que está ao lado do centro. Para rematar puideron achegarse a un camión motobomba e comprobar, coa axuda dun bombeiro, a gran presión que exerce a auga ao saír pola mangueira.