QUE RICA ESTÁ A FROITA!

O colexio, dentro da súa programación de actividades de cara ó fomento dunha vida saudable e unha alimentación equilibrada participa na acción proposta pola Consellería de Medio Rural e  do Mar e coordinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco dos Plans Proxecta.  Do  11 ao 22 de febreiro de 2019,  levouse a cabo a  degustación  DA FROITA FRESCA NO COLEXIO.: mazás, plátanos,  mandarinas, fresas, plátanos,..

Desde a Biblioteca Avelaiona Luíña,  aproveitamos a ocasión para pedir a colaboración do alumnado para realizar receitas con froitas. Aquí vos deixamos algunhas das estupendas maneiras de comer froita.
Ao mesmo tempo o alumnado puido consultar a gran cantidade e variedade de fondos da biblioteca en torno a este tema.