ANDAINA EDUCACIÓN VIARIA

O alumnado de 3º e 4º,  como cada curso teñen unha sesión quincenal de educación viaria. Son varias as actividades que Xoana, policía local de Boiro e encargada de impartir as sesións, programa curso tras curso.
Este ano tivo lugar a primeira andaina para practicar in situ as normas de circulación traballadas na aula.
Foron varios os colectivos que participaron: Policía Local, Protección Civil, AMPAS dos distintos centros do concello de Boiro...
Co remate da actividade e  ao final da andaina chegou o Pegasus da DGT e aterrou ante a atónita mirada de todos e todas os/as alí presentes. O alumnado de tres en tres foron subindo ao helicóptero.
- QUE PASADA!- así expresaba o alumnado a súa experiencia.
 MOITAS GRAZAS A TODOS OS COLECTIVOS E MOI ESPECIALMENTE A XOANA!! PARABÉNS!