SAMAÍN 2018: AS CABAZAS

Unha vez máis queremos dar as grazas ás familias pola colaboración na festa do Samaín: grazas polas vosas estupendas ideas na decoración das cabazas como pola vosa compañía no acendido e na degustación de sobremesas de Samaín.

Este ano o tema das cabazas era libre, aínda que moitas das familias centráronse no tema do Proxecto da Biblioteca Escolar: O UNIVERSO!