PAKOLAS NA BIBLIOTECA

Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, e defínese como rockeiro e guitarreiro, creando música para todos os públicos, desde os máis pequenos ata familias ao completo; “música para todos e todas e letras adaptadas aos máis pequenos”.

Que sorte que estivese na nosa biblio,  xa que pasámolo moi ben cos seus ritmos. Dar as grazas a ANPA pola axuda proporcionada para levar a cabo  esta actividade musical.