UNHA LANDRA HOXE: UN CARBALLO MAÑÁ

Para as e os seguidores da nosa páxina recordaredes que alá no mes de marzo levamos a cabo a plantación de  landras, actividade que estivo coordinada polo Departamento de Medio Ambiente de Boiro. Non queremos deixar de amosarvos o grandes que xa están esas landras convertidas en pequenos carballos. Podedes ver tamén algunha foto das coloridas plantas de tulipáns, xacintos,...actividade enmarcadas dentro do Proxecto Voz Natura.