CALLEJEROS BARBANZA: CARLOS E LÚA

O xoves 30 de novembro tivemos unha visita moi especial: Lúa chegou á nosa biblioteca na compaña de Carlos. Quen é Lúa? Pois unha fermosa e cariñosa cadeliña que a asociación "Callejeros Barbanza" recolleu na rúa e agora coida á espera de atopar un fogar. E así sucede con moitos outros cans e gatos que esta asociación recolle e coida nas súas instalacións. Pois ben Carlos, estivo dialogando co alumnado recordando que os animais de compañía non son xoguetes nin caprichos. Ter un animal implica coidalo, querelo,...Así llo demostrou Lúa ao alumnado que repartiu caricias o tempo que estivo con nós.