UNHA LANDRA HOXE: UN CARBALLO MAÑÁ

O concello de Boiro a través do persoal do Departamento de Medio Ambiente realizou unha sesión no noso centro na que explicaron ao alumnado as árbores autóctonas de Galicia, a fauna propia da nosa contorna,...unha vez rematada a sesión cada nena/o plantou nun brick unha landra. Subímolas ás aulas para coidalas á espera de que agromen uns pequenos carballos que iremos coidando para despois repoboar os nosos montes. ESTUPENDA ACTIVIDADE!