O ALUMNADO DE 3º REMATA O CURSO IMPARTIDO POLA CRUZ VERMELLA

O alumnado de 3º recibiu mensualmente (este curso) unha sesión impartida por membros da Cruz Vermella de Boiro. Traballaron distintos valores (amizade, igualdade de xénero, reciclaxe,...) valores moi  importantes na formación integral do alumnado. Este mesmo organismo organizou unha excursión aos muíños da Barosa e na última sesión fixeron xogos de colaboración no patio. Moi interesante un dos xogos no que o alumnado levaba nas costa un folio pegado e os compañeiros e compañeiras escribían nel os aspectos positivos que destacarían de cada un. Logo, as monitoras entregáronlles un diploma e un agasallo. PARABÉNS!