SAÍDA CULTURAL 3º E 4º DE PRIMARIA

 
 
O alumnado de 3º e 4º realizou a saída cultural a Santiago. Visitaron as prazas que rodean a Catedral comentando curiosidades relacionadas coa Catedral e a súa contorna.

Logo, foron á Cidade da Cultura para visitar a exposición titulada “Da árbore á cadeira”. Viron tamén o xardín literario e diversos espazos. Estivo moi ben, sobre todo cando descubriron que había un parque cun gran tobogán central en forma de balea...foi impresionante o ben que o pasaron xogando alí.

Despois de xantar, repousar e tomar un merecidísimo xeado (facía moito calor) dirixíronse ao Museo de Historia Natural. Alí, grazas ás explicacións dunha guía, percorreron as distintas salas de animais, minerais, rochas, cortes de terreo, ...

ESTUPENDA SAÍDA!