SAÍDA CULTURAL 1º E 2º

O alumando de 1º e 2º realizou a saída cultural visitando o Acuario de O Grove. Quedaron abraiados coa gran variedade de peixes e moi sorprendidos ao observar o “peixe pipa”. Foi un gusto poder coller nas súas mans estrelas de mar.

Logo, en catamarán chegaron ata unha batea e puideron  observar como as gaivotas se achegaban a comer os mexillóns. Tamén viron o fondo mariño.

A comida foi no monte Siradella. Aquí tamén se achegaron ao centro de interpretación.

UN GRAN DÍA DE APRENDIZAXE, CONVIVENCIA E GOCE!!!!