SAÍDA MUÍÑOS DE BAROSA: 31 DE PRIMARIA

O alumnado de 3º de primaria realizou unha saída ao muíños da Barosa. Estivo organizada polos/as monitores/as da Cruz Vermella de Boiro, que levaron a cabo un programa escolar en valores, durante o curso escolar. Un día ao mes acudían ao centro e con dito alumnado levaban a cabo sesións nas que trataban moi diversos temas: a reciclaxe, a igualdade entre os nenas e as nenas, as normas de convivencia,... Nesta saída o alumnado viu o funcionamento dun muíño de pedra movido pola auga; asistiu a explicación e visualizaron a forma de cocer o pan nun antigo forno; estiveron en contacto coas sementes do millo corvo, da avea, do trigo ...e coa fariña de cada un destes cereais; visitaron un muíño e escoitaron os nomes dos animais que viven pola zona; por último, aplaudiron a xenial demostración do bo facer dun panadeiro que lles explicou trucos para amasar correctamente e lles elaborou diferentes tipos de pans, roscas, pizzas... Logo o alumnado puxo en práctica o aprendido, amasando e realizando distintos formatos. Merendaron zume, magdalenas e chocolate,...nun fermosísimo entorno: unhas espectaculares fervenzas. MOITAS GRAZAS  E PARABÉNS AOS/ÁS MONITORES/AS DA CRUZ VERMELLA DE BOIRO POR ESTA FERMOSA E DIDÁCTICA SAÍDA!!!