I MARCHA CICLISTA ESCOLAR

O alumnado de 3º e 4º participou hoxe venres, 21 de abril na I Marcha Ciclista Escolar Concello de Boiro, organizada polo equipo de educción viaria da Policía Local coa finalidade de promover o uso da bicicleta tanto no ámbito escolar como familiar. Entre os obxectivos que se perseguen durante esta marcha figuran aprender a circular en bicicleta aplicando os principios e normas da seguridade viaria, posibilitar que os raparigos poidan iniciarse neste deporte de forma segura e divertida, utilizar máis a bicicleta como modo de desprazamento cos compañeiros de clase ou individualmente, fomentar a práctica do exercicio físico, a convivencia con nenas e nenos doutros centros escolares e aprender a gozar da actividade física.