SAMAÍN 2016

Podedes gozar da gran mostra de cabazas que o alumnado e as súas familias aportaron para a exposición do Samaín. Moitas delas seguiron a temática do Proxecto Anual da Biblioteca, outras foron deseñadas seguindo outras temáticas. Sen dúbida, todas elas con moito traballo e cargadas de imaxinación. MOITAS, MOITAS GRAZAS, FAMILIAS! a vosa axuda é fundamental neste tipo de celebracións.