O ALUMNADO DE INFANTIL COA SÚA PLANTACIÓN

E os/as máis peques do cole tamén aportaron ao Proxecto Voz Natura e ao Proxecto da Biblioteca outra actividade máis nesta última semana. Podedes comprobar as estupendas patacas que xa teñen enormes. Veredes tamén, os diferentes pasos que realizaron, guiados das súas titoras, para plantar calas, petunias e liliums. Estes bulbos xa os plantaran o curso pasado, tendo unhas fermosísimas e coloridas plantas que decoraban o patio de infantil. Pois ben, estes bulbos ao final da tempada, foron desenterrados e gardados nun lugar seco. É agora, cando de novo repiten o proceso, á espera de ir observando as distintas fases de crecemento, ata que eses pequenos bulbos se transformen nunhas espectaculares e fermosas plantas que volvan a alegrarnos a vista, o olfacto... GRACIÑAS TRABALLADORES/AS!