INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR

De acordo á instrución 3/2015 da Consellería de Educación,  o alumnado que teña praza asignada no autobús deberá facer uso continuado dela, entendido este coma un uso repetitivo do transporte en todos os días da totalidade das semanas do curso 2015/2016. De non facelo perderá a súa condición de usuario lexítimo e decaerá dos seus dereitos, perdendo a praza no transporte.