ALUMNADO DO CEIP CESPÓN ACADA CINCO PREMIOS

Adrián Hermo, Marcos Lorenzo de terceiro de primaria e Antía Sánchez, Sergio Rial e Javier Torrado de 6º de primaria obtiveron premios no VI Certame Literario Ramón Martínez López,  convocado pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal. O acto de entrega tivo lugar o venres, 18 de xaneiro na Biblioteca Municipal . NORABOA AOS PREMIADOS/A e a todos e todas os/as que participástedes. Animarvos a seguir escribindo, a deixar voar a imaxinación...Aquí vos deixamos algúns momentos da entrega: lectura dos relatos, foto de grupo e fotos do noso alumnado con Mª José concelleira de educación do Concello de Boiro.