COLABORACIÓN ANPA COA BIBLIOTECA DO CENTRO

"A biblioteca debe ser o eixe dinamizador do centro" Curso tras curso intentamos que isto sexa unha realidade. Pois ben, os pais e nais do noso alumnado son plenamente conscientes desta afirmación. Así e unha vez máis a ANPA do noso centro, colaborou na organización dunha xornada de presentación de fondos ao alumnado, profesorado e as familias, para que fagan as súas propostas. A idea da ANPA e a de poñer en funcionamento unha mochila viaxeira máis por curso, con vistas ao vindeiro ano. MIL GRAZAS!