ANXO MOURE VISÍTANOS

O contacontos Anxo Moure, visitou hoxe, tres de maio o noso centro. Realizáronse tres sesións desde infantil ata o alumnado do 2º ciclo. A experiencia foi moi positiva, o grao de participación do alumnado e as ensinanzas que transmite a través dos seus contos son moi enriquecedoras. "O carballo con botas" "As árbores da PAZ" ...foron algúns dos contos en defensa da natureza, da paz, solidariedade,..dun xeito divertido e ameno. Se queres ver máis fotos destes divertidos encontros visita o blog da biblioteca.