MARCOS CALVEIRO, PREMIO MERLÍN 2012

O alumnado do 3º ciclo estivo traballando o libro " PALABRAS DE AUGA" de Marcos Calveiro. Hoxe, 6 de marzo tivo lugar na biblioteca do centro a charla que o autor mantivo co alumnado. Moi interesante e gratamente motivadora. É un libro que dende a Biblioteca Avelaiona Luíña vos recomendamos. Podedes ver algúns dos traballos realizados polo alumnado para recrear o relato.