LENDAS CON TERESA

Quen é Teresa? É a avoa de Jairo de 4º de primaria e Ainara de 6º de infantil. Teresa tamén é profe. E nós como sabiamos que lle encantaría colaborar con nós, convidámola para que nos contase lendas na Biblioteca. E así foi: A orixe de Noia, A muller lobo,  A lenda da cobra...foron algunhas das que nos relatou. Só nos queda darlle as grazas e pedirlle que cando xa recompile algunha máis nos volva a visitar. Grazas, Teresa por colaborar no Proxecto Anual: "Lendas no tempo. Tempo de Lendas" da Biblioteca.