OS NOSOS ESPAZOS

Somos un C.E.I.P. No curso 2012/2013 realizouse un desdobre de 1º de primaria.  Ademais das 10 aulas para os diferentes niveis, contamos cunha aula de música, outra de inglés, biblioteca, plástica, informática e usos múltiples.

No patio contamos cun pavillón, pista de terra e un areeiro para infantil rematado no curso 2012/2013.

Nas entradas temos dous espazos, ben diferenciados,  dependendo dos niveis: PATIO CUBERTO para infantil e 1º ciclo de primaria; PISTA DE TERRA para 2º e 3º ciclo de primaria. Nos recreos faise uso do pavillón con rotación de cursos.