O 1º CICLO VISITA SANTIAGO

O alumnado do 1º ciclo o martes, 24 de maio realizou unha saída cultural a Santiago. Visitamos a catedral e as cubertas acompañados dunha guía. Logo, realizamos un percorrido polo casco antigo de Santiago, no tren turístico e, por último, vimos o Museo de Historia Natural. Tres grandes salas con rochas, minerais, animais disecados, fósiles... e tamén vimos ouro atopado na praia de Barraña! SE QUERES VER MÁIS FOTOS, VAI A GALERÍA.