SAÍDA CULTURAL 3º CICLO

O alumnado do 3º ciclo visita o Pazo de Goiáns percorrendo os seus exteriores, observando a variedade de árbores, en moitos casos exemplares case únicos, e revivindo parte da historia guiados polas explicacións dunha monitora. Tamén aproveitaron a saída para achegarse ao parque da Cachada onde unha persoa de Medio Ambiente do Concello lles explicou as variedades de árbores existentes.