18 E 19 DE MARZO NON LECTIVOS

Estimadas familias: pola presente informamos que, segundo o establecido no calendario escolar e por acordo con todos os centros de ensino do Concello de Boiro, o 18 e 19 de marzo serán días NON lectivos.

Un saúdo

A dirección 

PROCESO DE ADMISIÓN- VISITA VIRTUAL

Estimadas familias: no seguinte enlace poderedes acceder a 3 vídeos para coñecer o centro e ver as instalacións que tedes á disposición do alumnado.

Enlace aos vídeos

Tede en conta tamén que dispoñemos dos seguintes servizos:

- Transporte escolar

- Comedor xestionado pola Anpa ata as 16:30

- Seccións bilingües con auxiliar de conversa nativa.

- Programa de distribución de froita fresca.

- Variados plans e proxectos didácticos ao longo do ano. 

- Servizo de biblioteca ata as 18:00 (neste momento suspendido polo covid19).

- Diversas actividades extraescolares propostas pola Anpa.

Para calquera consulta, chamade ao centro: 881866691

A dirección

PROCESO DE ADMISIÓN, reserva de praza do 1 ao 22 de marzo

Estimadas familias: o luns, día 1 de marzo, comeza o proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso ca reserva de praza nos centros educativos, cun prazo establecido entre o 1 e o 22 de marzo, os dous incluidos. Para realizar dito trámite tedes tres opcións:

1- Imprimir a solicitude que acompaña esta mensaxe (ou recollela no centro), cubrila e presentala na sectretaría do centro.

2- Crear a solicitude a través da aplicación e presentala no centro.

3- Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación premendo aquí.

Calquera dúbida podedes chamar ao centro e consultar no 881866691.

Un saúdo

A dirección

 

 

CONCURSO DE ENTROIDO DA ANPA

Xa chega o Entroido e a ANPA de Cespón convídavos a participar nun concurso de disfraces!

Imos remexer nos caixóns e armarios para atopar as mellores galas de choqueiro: vestidos, camisolas, colares, sombreiros…. Que gran oportunidade para contarlle aos rapaces e rapazas como era o noso Entroido de pequen@s! Vestidiñ@s de choqueiros, ben tapados e a facer trasnadas pola aldea adiante, todo por un puñado de orellas , filloas… e moitas risas!

Enviádenos unha foto por whatsapp ao 675 555 390 disfrazados, anters das 10 da noite do domingo 14 de febreiro e, a partir do luns 15 de febreiro, poderedes votar polos vosos disfraces favoritos na páxina de facebook da Anpa. Recordade votar polos que máis vos gusten, os máis ocorrentes, simpáticos,… Valorade principalmente o traballo feito por pais e nen@s para que os premios sexan xustos.

Achegamos cartel con máis información.

Animádevos a participar!!

INFORMACIÓN IMPORTANTE: ATENCIÓN ÁS FAMILIAS OS MARTES POLA TARDE

Estimadas familias: por causa da situación epidemiolóxica actual da nosa comunidade, e das recomendacións da Consellería e Educación, a partir do martes 2 de febreiro (este incluído) e ata novo aviso, suspendemos temporalmente a atención presencial ás familias no horario habitual dos martes, de 17:30 a 18:30. A partir de agora, e mentres persista esta situación, a atención farase a través doutras canles, preferiblemente a telefónica. Podedes igualmente seguir pedindo citas como ata o de agora, a través da axenda do alumnado ou chamando ao centro.

Desculpade as molestias.

A dirección 

Distribuir contido