NADAL, 2015

Foron moitas e variadas as actividades levadas a cabo para celebrar a chegada do Nadal: murais colectivos, postais, sobremesas, decoración de corredores, aulas, fiestras,..Recompilación de información da gastronomía típica de Nadal de distintos países
En cada titoría elaboramos postais. Cada alumno/a escribiu o seu enderezo nun sobre e realizouse un intercambio de postais para recibir por correo nos seus domicilios.

LUÍÑA, A NOSA MASCOTA

O alumnado de 2º de primaria seguindo co tema central da biblioteca realiza a mascota da biblioteca, Luíña, a partires de distintos alimentos.

LENDO E COCIÑANDO PASA O TEMPO VOANDO

Como xa vos vimos contando ao longo deste curso e, dentro do Proxecto Anual da Biblioteca, un dos principais obxectivos é facer un percorrido polos Distintos concellos de Galicia, para coñecer produtos típicos da nosa gastronomía. Coñecer a situación xeográfica, os lugares a visitar, ... Xa foron varios os cursos que realizaron algunhas das súas procuras de información ( ver cadro de entradas anteriores). Unha das derradeiras ,antes do Nadal,  foi a realizada polo alumnado de 2º de primaria que presentou "Os melindres de Arzúa", "As cereixas de A Laracha"  e "A troita de Oroso". Estupenda posta en escena e doce final coa degustación de melindres. PARABÉNS NENAS E NENOS DE 2º!

OBRADOIRO DE COCIÑA: PUDDING

OBRADORIO DE COCIÑA: COCADAS DE NADAL

O alumnado de 3º e 4º realizou un obradoiro de cocadas, unha exquisita sobremesa de Nadal. Baixo a dirección da chef de cociña Natalia,  realizaron os distintos pasos ata conseguir este rico manxar. Tamén levaron algunhas cocadas para as súas familias!

PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA

"Xa estamos coas mans na masa" Neste cadro podedes observar as presentacións dos distintos produtos que xa se levaron a cabo. Se queredes ver fotos ou mesmo as presentacións, VISITADE O NOSO BLOG DA BIBLIOTECA!!!!.

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/ 

E seguimos ampliando fronteiras na procura da gastronomía ...da contorna, de Galicia, de España...

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro celebrouse o Día contra a violencia de xénero. No centro realizamos diversas actividades: murais colectivos, procura de noticias desta triste temática, elaboración do número 116 en collage, ...Ese día, á primeira hora da mañá sacamos unha foto colectiva onde mostrabamos o noso rexeitamento a esta violencia,  portando nas nosas camisetas a palabra NON!

MAGOSTO, 2015

PREPARADOS/AS PARA IR RECOLLER AS CASTAÑAS ASADAS. DISTINTOS MODELOS DE CAIXIÑAS, COFRES, CUCURUCHOS...


 

SESIÓN DE TEATRO

O alumnado de 6º de infantil, 1º e 2º de primaria acudiu á Casa Ramón Matínez López de Boiro para ver "O Patiño Feo". Logo, o alumnado de 4º, 5º e 6º gozou da posta en escena da obra "A casa do avó". Unha entretida obra, pero cun desolador tema de actualidade: o desafiuzamento.

DÍA DA BILIOTECA ESCOLAR

As mochilas viaxeiras do centro e as da ANPA comezaron a funcionar o dia 24 de outubro, coincidindo co DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Ademais dos fondos e o caderno que acompaña a cada mochila, achegóuselle ás familias  información sobre o Proxecto Anual da biblioteca: "A cociña" onde acompañabamos cun fermoso texto de "Escarlatina, a cociñeira defunta" (Ledicia Costa) Premio Nacional de Literatura, 2015.
Distribuir contido