O ALUMNADO DE 1º REMÁNGASE: TOCA TRABALLAR DE XARDINEIROS/AS!

As nenas e nenos de primeiro plantaron cenorias. Antes realizaron un traballo de reciclaxe para confeccionar uns coloridos tarros, a partires de botellas de plástico. Logo, puxéronse en plena faena, gozando de todos os pasos para levar a cabo a plantación de cenorias. O traballo non rematou aquí: limparon ademais de malas herbas as súas plantas do curso pasado. E como podedes comprobar nas imaxes, o traballo quedou relamente espectacular. Esta actividade uniu o proxecto da biblioteca (a cociña) e o proxecto de voz natura (horto ecolóxico). ASÍ SE TRABALLA!

O ALUMNADO DE INFANTIL COA SÚA PLANTACIÓN

E os/as máis peques do cole tamén aportaron ao Proxecto Voz Natura e ao Proxecto da Biblioteca outra actividade máis nesta última semana. Podedes comprobar as estupendas patacas que xa teñen enormes. Veredes tamén, os diferentes pasos que realizaron, guiados das súas titoras, para plantar calas, petunias e liliums. Estes bulbos xa os plantaran o curso pasado, tendo unhas fermosísimas e coloridas plantas que decoraban o patio de infantil. Pois ben, estes bulbos ao final da tempada, foron desenterrados e gardados nun lugar seco. É agora, cando de novo repiten o proceso, á espera de ir observando as distintas fases de crecemento, ata que eses pequenos bulbos se transformen nunhas espectaculares e fermosas plantas que volvan a alegrarnos a vista, o olfacto... GRACIÑAS TRABALLADORES/AS!

O ALUMNADO DE 1º E 2º VISITA BOIRO


O alumnado de 1º e 2º visitou Boiro para completar a programación de aula sobre a contorna. As nenas e nenos percorreron as rúas peonís, o mercado, a piscina municipal,  a biblioteca municipal, o parque de A Cachada, as instalacións da Policía Local,...e a Casa do Concello onde foron recibidos polo Alcalde a a Concelleira de educación. TODA UNHA EXPERIENCIA!!!!!

 
 
 

PLANTACIÓN ÁRBORES AUTÓCTONAS

Para conmemorar o Día da Árbore que se celebrou o día 21 de marzo, o alumnado de 1º e 2º colaborou na plantación de árbores autóctonos: carballos e castiñeiros. Tivo lugar nun monte próximo a Galea. Primeiro,  os axentes forestais explicáronlles varias características desas especies: alimentación, crecemento...Logo, pasaron a plantar. Foi un traballo duro pero moi divertido!!!!!!!

PROCESO: A PLANTACIÓN DE BULBOS DE TULIPÁNS

As nenas e nenos de 4º confeccionaron uns tarros a partires de botellas de plástico. Unha vez decorados, procederon á plantación de bulbos de tulipáns,  alá polo mes de xaneiro. A mediados de marzo,  algunhas plantas xa floreceron e o alumnado levounas para os seus fogares. Outras, máis tardías,  aínda están na aula á espera de que boten flor. Foi un traballo moi completo e no que o alumnado puxo moito entusiasmo. Grazas, chicos e chicas!!!!

COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS INTERCENTROS

O pasado mércores, 16 de marzo, tivo lugar unha competición intercentros de campo a través. A participación foi moi numerosa. O alumando gozou dunha xornada de convivencia. Aquí vemos aos nosos medallistas. PARABÉNS A TODAS E TODOS!

INTERCAMBIO DE TRABALLOS INTERCENTROS: CADRECHE

Este curso estase levando a cabo un intercambio de ideas, experiencias e traballos entre o noso centro e o CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra. O alumnado de 6º acaba de recibir unhas fermosas postais para commemorar o Día de Rosalía. Quedaron moi contentas/os

POSTAIS NO DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" coa confección de postais, seguindo unha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). No noso centro introducimos algunha variación á proposta inicial, tanto na elaboración dos postais como na temática dos versos.Os poemas que eliximos para que o alumnado memorizase o copiase foron versos relacionados coa cociña (tema do Proxecto Anual). Tamén se traballou na vida e obra desta galega ilustre.

 

OBRADOIRO ANPA

O venres, 5 de febreiro unha vez rematado o desfile de entroido e a degustación de sobremesas,  a ANPA do Centro organizou un obradoiro de como crear cortes na pel que deran a sensación de sangrado. Foi todo un éxito entre o noso alumnado que estivo moi interesado en seguir os pasos que os monitores lles ían indicando para obter o resultado de ferida ou corte ensanguentado.

Distribuir contido