INTERCAMBIO DE LECTURAS POLO SAMAÍN

Contos de medo ateigados de bruxas, pantasmas, vampiros, esqueletos,... realizados polo alumnado de cada curso para festexar o Samaín, viaxan agora de aula en aula para espallar entre as compañeiras e compañeiros dos doutros cursos toda a maxia, fantasía  e imaxinación saída das súas creacións.

ESTREAMOS CORTINAS

O alumnado de sexto de primaria despois dun laborioso traballo de recompilar, seleccionar e clasificar tapóns de botellas de plástico (podemos velos en fotos  de  entradas anteriores), elaborou unhas cómodas e fermosas cortinas que dan acceso aos baños da primeira planta do centro. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Anual da Biblioteca.

PARABÉNS!!!!!

CABAZAS NO CORREDOR

As familias foron achegando as cabazas ao centro e íanse colocando no corredor para que o alumnado puidese gozar do inxenio e imaxinación depositada en cada cabaza, converténdoas nos máis diversos seres e obxectos. Puideron observalas, tocalas, fotografarse con elas...PARABÉNS FAMILIAS!

SAMAIN: DESFRACES E XOGOS

Aquí vos deixamos algúns dos dIsfraces da festa do Samaín así como fotos do XOGO DA MOMIA e CONSTRUCIÓN DE CABAZAS organizados pola ANPA do centro.

 

ACENDIDO DE CABAZAS

O martes, 29 de outubro celebramos no patio o acendido de cabazas. Queremos dar as grazas ás familias que se achegaron ao centro para que o alumnado puidese gozar desta actividade. Disfrazados de bruxas, zombis, pantasmas,..pasamos unha estupenda xornada.

Como cada ano, as familias poñen toda a imaxinación no tallado e elaboración de estupendos deseños para as cabazas: baleas, barcos, gatos, bebés,vampiros ...

GRAZAS A ANPA DO CENTRO que organizou dous divertidos xogos, nos que as nenas e os nenos o pasaron moi ben: O XOGO DA MOMIA e a CONSTRUCIÓN DE CABAZAS.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras da ANPA e do colexio comezan o seu camino cara aos fogares do noso alumnado. Desexamos que gocedes en familia do seu contido: contos, poemas, cómic, revistas, textos informativos,.. A posta en marcha desta actividade coincide coa celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de outubro).

OBRADOIRO LAPISEIRO: 24 DE OUTUBRO

Dentro das actividades preparadas para celebrar o día 24 DE OUTUBRO, día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, elaboramos uns fermosos lapiseiros, reutilizando botellas de plástico e dándolle un papel protagonista a nosa mascota Luíña.

Recorda que abaixo na parte dereita podes poñer ver as fotos en maoir tamaño.

PREPARAD@S, LIST@S....

O alumnado de 6º xa está "mans a obra" preparando a primeira das súas actividades. En breve saberemos que fixeron Sabela, Noa, Manuel e Andrea con todos eses tapóns de plástico de cores. PARABÉNS POLO VOSO ESFORZO!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 DE OUTUBRO DE 2019

 

 

MARES E OCÉANOS: PULMÓNS E CORAZÓN DO PLANETA TERRA. NOS AOS PLÁSTICOS!

E imos comezar coa redución dos plásticos que todo o invade: os nosos ríos, praias, mares, océanos..millóns de peixes e de aves que morren por culpa desta praga, sendo nós, os humanos os únicos culpables. ESTAMOS PREPARADAS/OS??? EMPECEMOS POR PROPOÑER IDEAS, ENTRE TODAS E TODOS.

Distribuir contido