VISITA DAS FAMILIAS ANTES DO PROCESO DE ADMISIÓN

Para as familias dxs nadxs no 2017 que queiran coñecer o centro antes do proceso de admisión de alumnado:

No CEIP Cespón non facemos xornada de portas abertas pero SI estaremos encantados de recibir a calquer familia, previo aviso á dirección, que queira visitar o centro e explicarlle o funcionamento básico e as instalacións do mesmo. 

Posteriormente sí se concretará unha data cas familias do alumnado matriculado para unha primeira toma de contacto co centro.

Un saúdo

A dirección

 

ENTROIDO, 2020

Maña, 17 de febreiro comezamos co primeiro mandado do Felipiño; continuaremos cada día da semana con diferentes mandados e que serán, como todos os anos acumulativos. O venres 21, ás 13:15h. celebraremos o desfile  no patio do centro.

Este ano, sendo consecuentes co proxecto da biblioteca, os disfraces serán todos elaborados con material de reciclaxe, dándolle así unha segunda vida a estes  materias.

PIALE

A profe de 3º de ed. primaria, María, estivo de visita nun cole de Francia e cóntanos nesta presentación a súa experiencia.

PLAN DE IGUALDADE

Publicamos o plan de igualdade do Ceip Cespón, aprobado polo Claustro e Consello Escolar do centro.

PROCESO DE ADMISIÓN- RESERVA DE PRAZA NOS IES PARA O ALUMNADO DE 6º

A reserva de praza do alumnado de 6º para o centro ao que estamos adscritos (IES A Cachada)  farase do 1-17 de febreiro.

O IES ao que está adscrito o noso Centro é IES A Cachada. Ata o 17 de febreiro deberán entregar á titora do colexio a reserva de praza ao IES adscrito. Aqueles que vaian a solicitar matrículo nun IES distinto, deben entregar o orixinal no IES que desexen.

Nesta fase de reserva para o próximo curso 2020/2021 para o alumnado procedente de centros adscritos non se modificaron os formularios de solicitude, código ED550A, que foi aprobado como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017.

O modelo consta na aplicación

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2018&numpub=2&lang=gl

Así mesmto tamén constará na web da Consellería de Educación.

 

Un saúdo

A dirección

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. NADAL 2019

 

 

XUSTIFICANTE DA DONACIÓN A "UNOENTRECIENMIL"

Achegamos copia do xustificante da donación de 390 Euros feita pola comunidade educativa do Ceip Cespón á ONG Unoentrecienmil.

 Grazas pola vosa colaboración.

A dirección

XOGAMOS NO MAGOSTO

Despois de comer as ricas castañas asadas acudimos ao pavillón para gozar dunha xornada de xogos variados e moi divertidos. Na maioría deles, a castaña era o eixe principal: "mariola castañeira, papacastañas, carreiras con castañas nunha culler,  circuítos de castañas,...

Hai que destacar a boa organización  dos xogos: ao lado de cada xogo aparecía unha fotocopia explicativa. O alumnado de maior idade axudou e acompañou ao alumnado de infantil no percorrido polos distintos xogos.

MAGOSTO, 2019

NON CHAS QUERO                                                                      OUTONO BONITO                                                    

NON CHAS QUERO                                                                      CASTAÑAS NO CHAN

CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO.                                                     CASTAÑAS ASADAS

NON CHAS QUERO                                                                      QUE RICAS QUE ESTÁN!

NON CHAS QUERO

QUE ME SABEN A CHAMOSCO!

INTERCAMBIO DE LECTURAS POLO SAMAÍN

Contos de medo ateigados de bruxas, pantasmas, vampiros, esqueletos,... realizados polo alumnado de cada curso para festexar o Samaín, viaxan agora de aula en aula para espallar entre as compañeiras e compañeiros dos doutros cursos toda a maxia, fantasía  e imaxinación saída das súas creacións.

Distribuir contido