O NADAL A TRAVÉS DO GUSTO!

A profesora Emilia, unha vez máis foi a encargada de coordinar e de elaborar galletas e polvoróns para festexar a chegada do Nadal. Grazas ao forno donado pola ANPA e as mans do noso alumnado, tan maxistralmente dirixidas pola profe de inglés, elaboraron unhas exquisitas sobremesas. Foron pasando as distintas titorías, desde os maiores ata os máis peques do centro. Esa semana no colexio o recendo coábase por corredores, aulas...

 

ADEUS A NELSON MANDELA

A biblioteca do centro reparte entre as distintas titorías unha pequena reseña do político, pacifista...Nelson Mandela con motivo do seu pasamento , o pasado 5 de decembro. O alumnado de 6º decide afondar no tema e... prensa en man ponse ao labor. Infórmanse nos distintos xornais e elaboran un gran mural con texto e imaxes que colocan na entrada do centro.

 

O ALUMNADO DE 6º CELEBRA OS ANIVERSARIOS

Como xa ven sendo habitual o alumando de 6º celebra os aniversarios de xeito conxunto. Grazas ás familias que colaboran para que o alumnado realice esta celebración de xeito san, tomando alimentos cociñados nas casas, fuxindo así das típicas lambonadas. PARABÉNS A TODAS E TODOS!

 

O ALUMNADO DO 2º CICLO VISITA CARTOGAL

Nenas e nenos de 3º e 4º xunto coas titoras visitan a fábrica de Cartogal no polígono industrial "A Tomada" de A Pobra do Caramiñal. Resultou moi interesante coñecer unha serie de procesos de elaboración de papel, cartón e caixas. Vimos o funcionamento de varias máquinas que expresamente as apagaron e volveron a acender para que visualizásemos todo o proceso. Queremos agradecer ao persoal encargado e aos traballadores polas medidas de seguridade que adoptaron e as explicacións ao alcance do noso alumnado.

 

ESTREAMOS BLOG EN PRIMEIRO

O alumnado de 1º de primaria estrea blog. O obxectivo principal deste blog de aula é servir de canle de comunicación entre a familia e a escola e dar a coñecer parte do traballo que realizamos. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

http://www.mestratamara.blogspot.com.es/

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA

"Se sobre a ciencia queres aprender,

á nosa biblioteca tés que vir ler"

O Proxecto anual da Biblioteca avelaiona Luíña, este curso xira en torno ao mundo da ciencia, da experimentación, dos inventos, do progreso para a humanidade,...e xa estamos a pleno rendemento: murais, recompilación de materiais de laboratorio co seu etiquetado, coñecendo científicas/os, realizando experimentos,...

25 DE NOVEMBRO

O alumnado de 6º estivo realizando un laborioso mural para recordar e concienciar sobre o que conleva o Día Internacional  para a eliminación da violencia de xénero.

 

E POR FIN...XA TEMOS AS AXENDAS ESCOLARES!

Hoxe o alumnado de 2º ciclo de primaria estreou, por fin, as axendas escolares,  que xa foran presentadas ás familias na reunión de principio de curso. Por diversas razóns, a actividade retrasouse...pero esperemos que este medio de comunicación familia-escola nos dea bos resultados. A final de curso valoraremos!

 

SOBREMESAS DE SAMAÍN

Hoxe tivemos un día moi atarefado: elaboramos sobremesas de Samaín. Cada curso preparou unha terrorífica sobremesa. Logo, reunímonos cada ciclo e compartímolas. Todos e todas traballamos arreo. Emilia, coordinadora de Normalización encargouse de que todo estivese estupendamente organizado. O alumnado  de 1º curso confeccionou uns fermosos gorros de cociñeiros e cociñeiras. BO PROVEITO!

 

Distribuir contido