CAMPO A TRAVÉS: 5 DE ABRIL

O mércores 5 de abril participamos nunha actividade programada polo departamento de deportes do concello de Boiro. Nun enclave extraordinario, o paseo marítimo gozamos dun fermoso día e dunha xornada de convivencia entre o alumnado  dos centros de primaria do Concello. Orgullos@s da nosa segunda posición no apartado de centros. Orgullos@s de Noa e Manuel de 3º que conseguiron medalla de ouro; orgullos@s de Lorena de 4º que acadou outra medalla de ouro; orgullos@s de Bruno de 6º cunha medalla de prata; orgullos@s de Melanie de 5º A coa súa medalla de bronce; pero sobre todo orgullos@s de todas e todos/as os/as que participástedes polo voso esforzo e  pola gran deportividade amosada. PARABÉNS!

 
 
 

DÍA DA POESÍA: POEMANDO DO A ao Z

Na semana da Poesía realizamos varias actividades. Cabe destacar a que tivo lugar no patio onde o alumnado despois de realizar unha selección de poemas sobe animais (Tema do Proxecto da Biblioteca) realizou  actividades de procura de información e outras de carácter máis lúdico. Algúns cursos tiveron a sorte de que o tempo acompañou e puideron levala a cabo no patio. Outra das actividades propostas é a realización de acrósticos tomando como referencia nomes de animais. Se queres ver máis fotos destas actividades visita o blog da avelaiona Luíña.

PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS

 A concellería de Medio ambiente do concello de Boiro organizou na zona da Galea unha plantación de castiñeiros. O alumnado de 5º e 6º de primaria do centro participou nesta actividade. Recibiron unha charla informativa. Tamén aproveitaron para ampliar os coñecementos sobre,os ecosistemas que estamos a traballar no centro: piñeirais, matogueiras, fragas,...
 

ENTERRO DO MECO, BAILES E SOBREMESAS DE ENTROIDO


Unha vez feito o desfile dos disfraces dos distintos cursos, realizouse a lectura do testamento do Meco. O alumnado de 6º acusouno de ser un ser maléfico e foi castigado coa fogueira.

Logo, para rematar de  celebrar a festa, o alumnado de 5º e 6º realizaron bailes. Para finalizar demos boa conta das ricas sobremesas de entroido enviadas polas familias.

MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!!!!

ENTROIDO 2017: DISFRAZÁMONOS DE ANIMAIS


Como vén sendo costume nestes últimos anos o tema dos disfraces sempre vai acorde co Proxecto Anual da biblioteca. Este ano xirou en torno aos animais:  coloridas estrelas de mar en infantil, anémonas en primeiro, ras e moscas en segundo, paxaros en terceiro, lontras en cuarto, coellos en 5º e bufos en 6º.

OS MANDAMOS DO ENTROIDO

O alumnado tivo que seguir os mandados do Meco durante  a semana anterior ao entroido. E cal foi a clase máis marchosa???? Pois si...as nenas e os nenos de 2º aos que a súa profe Carla animaba día tras día. PARABÉNS SEGUNDO!

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018

Estimadas familias: 

Esgundo o establecido na "ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado" entre o 1 e o 20 de marzo estará aberto o prazo para facer a solicitude de admisión de matrícula para o vindeiro curso no CEIP Cespón.

Para realizar a solicitude de admisión, podedes descargar o documento que se adxunta e entregalo cuberto na secretaría do centro, ou ben recollelo na mesma. para isto adxuntamos o anexo II a cubrir.

Así mesmo tamén podedes facelo de xeito telemático na seguinte dirección.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Adxuntamos tamén as instrucións enviadas pola Dirección Xeral de centros e pola Xefatura Territorial de Educación e O.U. e un documento coas vacantes para o vindeiro curso, o cal estará exposto tamén no taboleiro do centro.

Outros datos de interese: 

    - A área de influencia do CEIP Cespón son as parroquias de San Vicenzo de Cespón e San Pedro de Bealo.

    - O centro dispón do servizo de transporte escolar.

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro e presente a solicitude noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reserva de praza nun centro e presenta a solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

No caso de que haxa máis demanda que oferta de postos escolares, existe un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicitudes de admisión, para achegar documentación xustificativa dos criterios de baremo.

A listaxe provisional de admitidas/os e non admitidas/os publicarase antes do 25 de abril. As reclamacións poderán formularse no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

A listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas ordenadas segundo a puntuación total publicarase no taboleiro de anuncios e na web antes do día 15 de maio.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

-

 A dirección

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2017-2018

Estimadas familias: 

Esgundo o establecido na "ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado" entre o 1 e o 15 de febreiro estará aberto o prazo para facer a reserva de matrícula para o vindeiro curso nos centros adscritos (IES A Cachada).

A solicitude de praza para 4º de Infantil, ou o resto do alumnado que queira cambiar de centro, será do 1 ao 20 de marzo.

Para realizar a reserva de praza, podedes descargar o documento que se adxunta e entregalo cuberto na secretaría do centro, ou ben recollelo na mesma.

 A dirección

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como vén sendo costume toda a comunidade educativa levou a cabo diversas actividades para conmemorar esta data, 30 de xaneiro: murais colectivos, exposición dunha pps sobre os muros da humanidade, elaboración dun muro de ladrillos, recompilación de fondos da biblioteca desta temática, diversos traballos plásticos e acto común na biblioteca, foron varios dos actos levados a cabo para recordar o Día escolar da Paz e da Non violencia.

Distribuir contido