ACLARACIÓN Á NOTICIA DA VOZ DE GALICIA DO DÍA 21 DE MARZO DE 2018

O día 21 de marzo a Voz de Galicia, na edición Barbanza, publicou unha noticia co seguinte título: 

Las   instalaciones   de   11   colegios   de   la   zona   aprueban   por   los   pelos

Un informe de la Diputación suspende al CEIP de Cespón

Dende a dirección do Ceip Cespón queremos comunicar á comunidade educativa que os datos publicados son erróneos. Consultada a WEB do EIEL (encuesta de infraestructuras y equipamientos locales), esta outorga ao CEIP CESPÓN A MAXIMA CUALIFICACIÓN.

Achegamos a dirección e captura de pantalla dos mesmos.

 https://webeiel.dacoruna.gal/webeiel/GoToElementoMapa.do?feature=vista_centros_de_ensenanza_geometria_punto&geoid=58 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018/2019

Estimadas familias: 

Segundo o establecido na "ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado" entre o 1 e o 20 de marzo estará aberto o prazo para facer a solicitude de admisión para o vindeiro curso no centro.

A solicitude de praza para 4º de Infantil, ou para o resto do alumnado que queira cambiar de centro, farase cubrindo o anexo II, que o podedes descargar na páxina e entregalo cuberto na secretaría do centro, ou ben recollelo na mesma.

 

A dirección

 

ENTROIDO 2018: CONTOS DE ANIMAIS

Entroido 2018: A temática foi "Os contos de animais". No seguinte vídeo podedes ver disfraces,  algúns dos mandados que se levaron ao colexio ao longo da semana e a degustación de sobremesas de entroido. Temos que dar unha vez máis as GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA  COLABORACIÓN co centro.
 

DÍA DA PAZ, 2018

O martes, 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Moitas e variadas actividades realizamos ao longo da semana: postais decoradas con pombas nas que escribimos poemas de temática pacifista, animais con mensaxes de paz pendurados dunha gran árbore,...Para rematar, o propio día, 30 de xaneiro, xuntámonos no patio para formar cos nosos corpos a palabra PAZ. Tamén se realizaron xogos cooperativos.

Se queredes ver máis fotos desta actividade, visitade o blog da avelaiona Luíña.

EDUCACIÓN VIARIA EN 3º e 4º

A mestra de Educación Viaria organizou unha sesión máis visual e práctica co alumnado de 3º e 4º de primaria. Nesta clase práctica acompañaron a Xaona, membros do equipo de ciclismo de Boiro, un empresario do ramo do deporte especializado en ciclismo e Ricardo,  un veciño de Boiro,  que desgracidamente sufriu hai anos  un accidente en moto o que lle ocasionou unha grave lesión que o deixou postrado nunha cadeira de rodas. Isto non significou que Ricardo abandonase a bicicleta, só que agora faino nunha bicicleta adaptada. Todas estas persoas o que quixeron foi concienciar o alumnado de facer un bo uso do casco e das normas de educación viaria vistas na aula. Ademais de animar ao alumnado á práctica do deporte, amosáronlles bicicletas de montaña, de fibra de carbono, eléctricas,..

PARABÉNS A TODAS E TODOS E MOITAS GRAZAS!!

 

PROCESO DE MATRICULA DO ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

Estimadas familias: 

Segundo o establecido na "ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado" entre o 1 e o 15 de febreiro estará aberto o prazo para facer a reserva de matrícula para o vindeiro curso nos centros adscritos (IES A Cachada).

A solicitude de praza para 4º de Infantil, ou o resto do alumnado que queira cambiar de centro, será do 1 ao 20 de marzo (anexo II).

Para realizar a reserva de praza, podedes descargar o documento que se adxunta (anexo I) e entregalo cuberto na secretaría do centro, ou ben recollelo na mesma.

Así mesmo tamén a podedes cubrir en liña na seguinte dirección:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  

 

“Solicitudes - Reserva - Crear solicitude de reserva”.

 

A dirección

 

ANIMAIS SINGULARES: 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º de primaria, dentro do Proxecto Anual da Biblioteca, procurou curiosidades sobre os seguintes animais: dragón de Komodo (Yago e Adrián), a xirafa (Sabela e Andrea), o cabaliño de mar pigmeo (Ainara, Ramón e Marcos P.) e sobre a balea azul (Noa, Manuel C. e Minia). Logo, gravamos as voces e elaboramos este vídeo. Realizamos a presentación para 5º e 6º de primaria. No caso do cabaliño pigmeo as voces non aparecen gravadas, porque preferiron expoñer en directo. PARABÉNS!!

NADAL 2017

No seguinte vídeo podedes observar parte dos traballos realizados para festexar a chegada do Nadal ao colexio: unha fermosa e colorida árbore realizada con oveiras e da que penduran sobres con formas de animais (tema do proxecto da biblioteca) que conteñen no seu interior desexos non materiais de cara ao vindeiro ano 2018, decoración de ventás, postais, panxoliñas, ... Son moitos os traballos que aquí non aparecen pero que adornaban corredores, aulas, taboleiros dando un ambiente navideño ao centro.

ALUMNADO DE 5º: Animais en perigo de extinción

O alumnado de 5º de primaria dentro dos animais en perigo de extinción presentaron a vacaloura e o sapoconcho. PARABÉNS!

OS ANIMAIS INVASORES: ALUMNADO DE 6ºB

O alumnado de 6º B comezou coa exposición dos animais invasores: a velutina, o porco vietnamita, a cotorra arxentina,...foron algúns do animais tratados nas exposicións periódicas que se realizan na biblioteca,  dentro do Proxecto anual: "Os animais".

 

Distribuir contido