Quinto

Sexto

Quinto

CALIGRAMAS

O alumnado de 5º fixemos uns caligramas a partir duns poemas que fixemos para festexar o día da paz.

 

MADRIÑA DE AULA - ANISIA MIRANDA

O alumnado de 5º lemos no primeiro trimestre un libro da nosa madriña de aula, Anisia Miranda, titulado A cama, a bolboreta e o paxariño.

 

DETECTIVES VERDES 5º

Participación do alumnado de 5º nos detectives verdes.

 

NADAL - 5º

O alumnado de 5º participou no festival de Nadal cantando a canción de Iván Vale "O meu nadal perfecto", representando o estribillo en linguaxe de signos.Sorriso

 


 

O NOSO MONSTRO DAS PALABRAS

Con motivo da lectura do libro O monstro das palabras de María Reimóndez, o alumnado de 5º traballamos a expresión escrita imaxinándonos cada un como sería ese monstro, xa que no libro apenas aparece a súa imaxe. Tras moito pensar, debuxámolo nun folio e describímolo. Con toda esa información, fixemos un libro que temos na aula e que, como non podía ser doutro xeito, ensinámosllo á autora cando nos viu visitar. 

O que máis lle sorprendeu a María Reimóndez dos nosos monstros foi que, a unha gran maioría deles, gustáballe xogar ao fútbol.

Clica na imaxe para ver os nosos monstros.

 

 

 

CONCURSO DE ORTOGRAFÍA EN LINGUA GALEGA

O alumnado de 5º e 6º participou o día 10 de abril nun concurso de ortografía galega organizado polo centro. 

CANTIGAS

O alumnado de valores de 5º e 6º traballamos nesta área sobre as cantigas galegas e fixemos un mural con todas elas. 


POEMAS DE PAZ

O alumnado de 5º traballamos  o día da paz elaborando uns poemas con esta temática para, despois, elaborar uns caligramas que aparecerán na revista Néboa. Con todos os poemas elaborados fixemos un libro. Clica na imaxe para velo
 
 
 
 

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 5º, ademais de realizar unha pancarta, para festexar o Día de Rosalía, lemos algúns dos seus poemas na aula e traballamos  nunha unidade didáctica sobre a mellor escritora galega. 

 

 

 

 




CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 24 de abril o alumnado de 5º e 6º recibimos unha charla sobre a violencia de xénero. Nela faláronnos do que se entende por violencia de xénero, dos distintos tipos de violencia, dos micromachismos e doutras moitas cousas interesantes e actuais. 

 

Distribuir contido