Skip to Content

Saídas escolares

SAÍDA DO 3º CICLO A VIGO.

Mañá, día 14 de xaneiro, o alumnado do 3º ciclo acompañados polas súas titoras e a mestra de inglés irán a Vigo para asistir á reresentación teatral, en inglés: "SPINDERELLA".

 

 

Cindy sempre quixo ser unha estrela do pop, mais o único momento en que pode cantar é cando está cociñando e limpando para a súa horrible irmá maior, Becky. Cando a fada madriña de Cindy, A Raíña do Karaoke, a leva a un concurso de canto, semella que os seus sonos se van facer realidade. Iso se a súa irmá Becky non o impide.

Esta emocionante comedia é unha moderna versión do clásico conto de fadas A Cincenta. O espectáculo inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a persecución dos nosos sonos.

 

FOTOS DA ACTUACIÓN

                                                      

 

SAÍDA A AFUNDACIÓN PARA VER A OBRA DE TEATRO : “ Antía,Wamba e o regato pequeno ”

MAÑÁ, DÍA 2 DE DECEMBRO O ALUMNADO DO 2º CICLO IMOS A VIGO PARA ASISTIR, NO CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN, Á REPRESENTACIÓN TEATRAL DA OBRA " ANTÍA, WANBA E O REGATO PEQUENO" DA COMPAÑÍA A TROPA DE TRAPO.

DEIXÁMOSVOS UN TRAILER DO QUE IMOS VER, PREME SOBRE A IMAXE PARA VISUALIZALO.

SAÍDA AO MUSEO DO MAR DE VIGO

O PASADO XOVES, 27 DE NOVEMBRO O ALUMNADO DO 2º CICLO FOMOS VISITAR O MUSEO DE DO MAR DE VIGO.

 

SAÍDA AO AUDITORIO DE AFUNDACIÓN PARA ASISTIR Á XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA "TRANSMITINDO O PATRIMONIO"

O VINDEIRO MARTES, 25 DE NOVEMBRO DE 2014, O ALUMNADO DO 3º CICLO, ACUDIRÁN Á XII MOSTRA DA ORALIDADE, ORGANIZADA POR PONTE NAS...ONDAS! E QUE TERÁ LUGAR NO AUDITORIO DE AFUNDACIÓN.

PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME SOBRE A IMAXE.

SAÍDA A VIGO PARA VER A OBRA DE TEATRO: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

O VINDEIRO, 3 DE NOVEMBRO OS ALUMNOS DE 1º, 2º E 3º IRÁN A VIGO PARA VER A OBRA DE TEATRO:

 

 

"AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

 

ADAPTACIÓN DA OBRA ESCRITA POR CARLOS CASARES, AUTOR QUE LLE DÁ NOME AO NOSO COLE E INTERPRETADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO.

 

 

MÁGOA QUE SÓ SEXA OFERTADA PARA OS MÁIS PEQUENOS, ESTARIAMOS ENCANTADOS DE PODER IR, TODO O COLE, A VELA :(

 

 

 

TRAILER EN YOUTUBE          OUTRO

 

 

 

QUE RECORDOS, NOS TRAE ESTA OBRA!!!!

NO CURSO 2007/2008, NO OBRADOIRO DE TEATRO, DO 2º CICLO, REPRESENTAMOS ESTA OBRA NO NOSO COLEXIO.

 

CANTO TRABALLARON AQUELAS RAPAZAS E RAPACES!!!!

 

 

SE ALGUÉN TEN ALGUNHA FOTO OU VÍDEO, QUE NOLAS TRAIA E COMPARTÍMOLAS A TRAVÉS DA WEB. GRAZAS DE ANTEMÁN

 

SAÍDA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR E O MUSEO DE PONTEVEDRA

O 3 de outubro, o alumnado e as mestras do 3º ciclo, van visitar o Castelo de Soutomaior e a exposición temporal "Da vida á morte no Antigo Exipto", no Museo de Pontevedra.

Podes obter máis infor, nos seguintes enlaces:

www.depo.es  ou www.soutomaior.com

   

 

www.museo.depo.es

SAÍDA A SALVATERRA. 19ª etapa da "VUELTA A ESPAÑA"

O día 12 de setembro saíu dende Salvaterra a 19ª etapa da "Vuelta a España". Desprazámonos ata a capitalidade do Concello para poder presenciar o arranque da mesma.

Quedamos abraiados coa cantidade de xente que move esa competicón deportiva: publicidade, organizadores, forzas e corpos de seguridade, helicópteros, prensa, ...

Sen dúbida, unha experiencia inesquecible

SENDEIRISMO SENDA FLUVIAL DO RIO CASELAS

SENDEIRISMO SENDA FLUVIAL DO RÍO CASELAS on PhotoPeach

SAÍDA AO MONTE ALOIA

PARA COMPLETAR O PROXECTO DAS PLANTAS QUE LEVAMOS A CABO NA AULA DE 4º, TOD@S @S NEN@S DO 2º CICLO, FOMOS DE VISITA AO MONTE ALOIA.

 QUEDAMOS PRENDAD@S!!! Riendo

UNHAS FOTOS PARA AMOSARVOS O QUE ALÍ  PODEDES VISITAR E DESCUBRIR... !

 
   
   
   
   

 

RECOMENDÁMOSVOS ESTA VISITA A NEN@S, PROFES, PAPÁS E TODO O PÚBLICO EN XERAL, SERÁ UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE, ESTAMOS SEGUROS!!

VISITA Á CIDADE DE OURENSE

 

Ourense

 

 

 

 

O día 24 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos unha saída a Ourense, a terceira cidade de Galicia.

Nós visitamos as Burgas, a Praza Maior, a Catedral, o Conxunto Arqueolóxico de Santomé e fomos no tren, que sae da Praza Maior, ata as Termas de Outariz. Polo camiño vimos un matadoiro e a profe Puri dicíame que me ían deixar alí. O percorrido remataba nas Termas de Outariz, onde había moita xente porque a auga estaba quentíiiiiiiisima. Logo, algúns tomamos un granizado de limón que estaba moi bo. Só faltaba levar a toalla e o bañador para meternos nas pozas! QUE MÁGOA!

 

Brais Fernández

   
   
   
   
   
   

Distribuir contido


by Dr. Radut