Skip to Content

Animación á lectura

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

LOITO POLO PASAMENTO DE XOSÉ NEIRA VILAS

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEP CARLOS CASARES ESTÁ DE LOITO POLO PASAMENTO, O PASADO 27 DE NOVEMBRO, DO ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS.

O NOSO CENTRO ESTÁ MOI VENCELLADO Á SUA OBRA E Á SÚA VIDA. VISITOUNOS ACOMPAÑADO DA SÚA DONA, ANISIA MIRANDA, EN MAIO DO ANO 2000. NAQUELA OCASIÓN APADRIÑARON AS AULAS DE 6º E 5º, RESPECTIVAMENTE.

QUEREMOS DESTE XEITO, SUMARNOS AOS ACTOS CONMEMORATIVOS QUE SE ESTÁN LEVANDO A CABO EN TODO O PAÍS, PARA LEMBRAR AO AUTOR DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.

TOD@S, SOMOS UN POUCO BALBINO!!!

NOS SEGUINTES DÍAS LEVAREMOS A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA RENDERLLE A NOSA HUMILDE HOMENAXE.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA, CURSO 2014/2015

O 30 de setembro, quedou oficialmente inaugurada a biblioteca do noso cole.

Houbo moitísimas novidades e sorpresas!!!!

           

 

 


 

LEMAS DOS NEN@S DE 2º

CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DAS BIBLIOTECAS, OS NEN@S DE 2º, POR GRUPOS, TIVEMOS QUE INVENTAR UN LEMA NO QUE APARECERAN: OS LIBROS, A BIBLIOTECA, A LECTURA,...

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI BUSCAR UN NOME PARA CADA GRUPO: A BIBLIOTECA, OS LIBROS DA BIBLIOTECA, OS AFRICANOS E MIGUEL E OS SEUS AMIGOS.

NON FOI NADA DOADO POÑERNOS DE ACORDO NO LEMA, PERO... ISO NON FOI TODO! ADEMAIS TIVEMOS QUE RESUMIR O LEMA NUNHA PALABRA, UF!!! DIFICILÍSIMO, PERO AO FINAL CONSEGUÍMOLO, CON AXUDA, ISO É CERTO.

 

DE SEGUIDO, PRESENTÁMOSVOS O RESULTADO DOS NOSOS TRABALLOS:

 

NON SE PODEN ROMPER OS LIBROS:  ALOUMIÑOS

NA BIBLIOTECA HAI QUE ESTAR SENTADOS PARA LER: MAXIA

ESCRIBIR É BO PARA LER LIBROS FANTÁSTICOS: FANTASÍA

A BIBLIOTECA É BOA PARA LER E APRENDER: SABEDORÍA

 

 

 

O DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, 23 de abril,  dende a Biblioteca organizáronse actividades arredor dos libros.

A MOCHILA VIAXEIRA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O día 4 de maio, na Biblioteca, Antón de 3º faille entrega da mochila ao seu compañeiro Xesús.

 

 

 

Xesús está contentísimo.

 - Hoxe estou de sorte! Por fin tocoume a mochila.

Vou pasar dúas semanas lendo, xogando, cociñando...en fin, vou estar moi ocupado.

Inauguración da biblioteca

O día 2 de outubro fíxose a lectura dun BANDO para dar a coñecer a todo o alumnado do colexio que a partires dese día as portas da Biblioteca estaban abertas de par en par para todos e todas.

 

                                                                                                                                  PREME(MÁIS FOTOS)

VÍDEO XOSÉ BALLESTEROS

Sorry, flash is not available.

OS NOSOS TRABALLOS SOBRE OS LIBROS DE BALLESTEROS

"Os sete cabritos"

XOSÉ BALLESTEROS

O mércores 4 de marzo visitounos o escritor XOSÉ BALLESTEROS. Estivo  connosco toda a mañá, contounos contos e algunhas anécdotas da súa vida. Ao final, asinounos os nosos libros cunha bonita adicatoria. Foi unha maña moi especial.   

Máis fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut