Skip to Content

TRABALLO PRESENTADO O PASADO MES DE OUTUBRO EN ITALIA

O pasado mes de outubro, tres mestras do cole tiveron que viaxar ata Cividale del Friuli en Italia, para presentar o traballo que levamos feito para o programa europeo no que estamos inmersas, o proxecto RUSH de promoción das linguas minorizadas. 

Nós presentamos un resumo de todas as actividades feitas durante o curso pasado sobre o proxecto do centro "As abellas e o mel". Temos que dicir que lles encantou, quedaron abraiados de todo e do ben que traballamos!! 

Aqui volo deixamos, esperamos que vos guste tanto coma a eles.

Ademais deste magnífico traballo sobre as abellas, tamén levamos unha presentación - resumo das actividades que facemos na nosa emisora escolar RADIO SALTAMONTES, mirádea!

AdxuntoTamaño
PROXECTO Rush. CEP Carlos Casares.galiziano.pdf6.81 MB


page | by Dr. Radut