Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023

Informámosvos de que saíu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/2023.

Os prazos de presentación son do 19 de maio ao 22 de xuño, ambos incluídos.

Cubrirase un único impreso para todas as axudas (libros e material) e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s no noso centro, no curso 2022/2023.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta. es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de maneira  presencial  na secretaría do centro, previa petición de cita.

Nos arquivos adxuntos atoparedes os anexos a cubrir e información de interese.

Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

AdxuntoTamaño
Orde do 29 abril de 2022.pdf1.22 MB
ANEXO I.pdf1.61 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB


page | by Dr. Radut