Skip to Content

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS

Hoxe, día 9 de xullo,  publicamos no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Libros.

  • As familias do alumnado de 3º as que só lle corresponden 4 libros deberán mercar os libros de matemáticas e de inglés
  • As familias do alumnado 4º que presentaron solicitude non terán que mercar ningún libro por concedérselle o lote completo (6 libros)
  • As familias do alumnado de 4º que non presentaron solicitude non terán que  mercar libros por haber existencias suficientes no centro para prestarllos.
  • As familias do alumnado de 5º e de 6º non precisarán mercar libros pola participación do centro no proxecto E-Dixgal (repartiráselle a cada alumno/-a un ordenador portátil ao comezo do curso). 

Lembrade que están a vosa disposición os vales de material e os vales para a adquisición de libros de texto para 1º e 2º. Ampliamos o prazo de recollida ata o martes 13 de xullo en horario de 10:30 a 13:30.



page | by Dr. Radut