Quinto

Sexto

TAREFA RELIXIÓN

Bo día !! Que tal estades?  Con poucas ganas de traballar con esta calor imaxino.  Esta semana imos  facer un último esforzo  e propóñovos   a visita Virtual ao Museo  Nacional del Prado(Madrid). No blog da biblioteca atoparedes, entre outros recursos , un enlace a este museo con obras de arte comentadas e un xogo para xogar en familia e coñecer as dististas salas do Museo. Como sabedes a arte relixiosa constituía unha parte moi importante da arte do século XVII, Século de Ouro Español, con obras pintadas por Murillo, Velázquez e Coello entre outros. O Museo Nacional del Prado posee unha colección moi importante deste tipo de arte. Despois de escoitar/mirar  algunhas das obras comentadas do Museo del Prado contesta as seguintes preguntas:

Algunha desas pinturas é unha pintura relixiosa? Quen é o autor desa obra e  cal é o título?

Na biblioteca tamén tedes un enlace para visualizar gratis “LA DAMA Y EL VAGABUNDO, MUSICAL”. SÓ É ATA O VENRES 29 DE MAIO. Collede as palomitas e gozade do musical.

Tedes dúas semanas para enviar as vosas respostas a 1.ciclo.carlos.casares@gmail.com. Un bico a mestra Silvia.