Skip to Content

ENQUISA ÁS FAMILIAS SOBRE O TIPO DE CONEXIÓN E DISPOSITIVOS INFORMÁTICOS

 

Prezadas familias!

Atendendo ás orientacións provisionais emitidas pola Consellería de Educación o pasado venres, que podedes ver aquí, e de cara á organización da 3º avaliación, precisamos coñecer os medios dos que dispoñedes para a conexión dixital.

Estes datos serán imprescindibles para poder dar resposta ás necesidades e dificultades técnicas que poidades ter para seguir as clases de xeito telemático, polo que vos pido que respostedes á enquisa que vos van mandar as vosas titoras, a través da aplicación abalar móbil.

Para respostar, podedes facelo a través do abalar móbil ou a través do correo electrónico que usades para mandarlle as tarefas á vosa titora.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Coidádevos e coidáde@s moito!!! Entre tod@s isto vai saír ben!!!

Apertas

Paqui

 

PD. Se non recibides a enquisa entre hoxe e mañá, poñédevos en contacto a través dos seguintes teléfonos: 886110724 ou 986648394

 

 



page | by Dr. Radut