Skip to Content

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO

Informamos que hoxe 25 de abril de 2023 publicamos no taboleiro de centro a lista provisional de alumnado que presentou solicitude de admisión no CEIP PLURILINGÜE DE CALDELAS para o curso 2023/2024. Todo o alumnado FOI ADMITIDO.

O vindeiro 15 de maio publicarase a lista definitiva.

Todo este alumnado admitido debe formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

MENÚ DO MES DE ABRIL

Aquí tedes o menú do mes de Abril, tamén como documento adxunto. 

 

 

MENÚ COMEDOR DE MARZO

Aquí tedes o menú do mes de marzo. Tamén está en documento adxunto

MENÚ COMEDOR FEBREIRO

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

As xornadas de portas abertas no noso colexio serán os martes 7, 14 e 28 de febreiro. 

En horario de 16 a 17:30. O martes 7 tamén ás 18:30.

Preferiblemente con cita previa no teléfono 886110822.

 

MENÚ COMEDOR MES DE DECEMBRO

AUTORIZACIÓN PARA ADMINISTRACIÓN DE MEDICAMENTOS NO COMEDOR

Adxuntamos o modelo que debedes cubrir se os vosos/as fillos/as precisan tomar algunha medicación no horario de comedor

MENÚ MES DE NOVEMBRO

Aquí está o menú de novembro. Vai tamén en documentos adxuntos

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

Durante o vindeiro mes de novembro iníciase o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar do noso colexio.

No caso dos mestres/as corresponden CINCO REPRESENTANTES, dos cales un continuará, polo que toca elixir a catro.

No caso das nais/pais, igualmente, corresponden CINCO REPRESENTANTES, dos cales un continuará, polo que toca elixir a catro.

O primeiro paso será a Constitución da Xunta Electoral, que rexirá todo o proceso. Para elo farase un sorteo o vindeiro mércores 2 de novembro as 10:00 no colexio. Esa Xunta estará composta pola Directora, un mestre/a, unha nai/pai e un representante do PAS (persoal de administración e servizos), máis os seus suplentes.

Por medio do ABALAR e no taboleiro de entrada do colexio, iremos informando dos seguintes pasos.

 

Atentamente.

O equipo directivo.

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Os beneficiarios do vale para adquirir material por importe de 50€, teñen disponible para recoller no colexio un vale adicional de 25€. Dito vale debe recollelo unha persoa maior de idade na secretaría do colexio.

Este vale para material debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Calqueira dubida estamos a vosa disposición.

Saúdos.

Equipo directivo CEIP de Caldelas

Distribuir contido


by Dr. Radut